Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/11/2017

Impulsores de oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento na Eurocidade Chaves-Verín

Cartel do Curso Impulsores de oportunidades. © Fundación Galicia Europa
  • A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Impulsores de oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento, que terá lugar entre o 28 de novembro  e o 2 de decembro de 2017
  • O curso ofrece unha formación/visión práctico-teórica sobre o emprendedurismo no contexto do actual desenvolvemento tecnolóxico. Os participantes coñecerán as novas tendencias en tema de comunicación, marketing, e-commerce así como en áreas salientables do sector servizos: turismo e hostalería. Abordaranse temas como a reformulación dos negocios para  a súa adaptación ás novas formas de consumo e as dificultades para impulsar novas oportunidades neste sector
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017. O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O proxecto ten como obxectivo consolidar a Eurociudad Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable. O curso forma parte a actividade “Eurocidade Intelixente: innovación, emprendemento  e internacionalización como alicerces da xeración de emprego e riqueza”, finalizado a capacitar aos emprendedores, desempregados e empresarios da Eurociudad para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda de profesionais do mercado.

Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT Eurocidade Chaves-Verin, sendo os outros socios do proxecto Eurocidade_2020, a FNAJ – Federação Nacional de Associações  Juvenis, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto Portugês da Juventude e do Desporto, o Concello de Verín e o Município de Chaves.

DATAS E LOCALIZACIÓN

O curso terá lugar entre o 28 de novembro e o 2 de decembro no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín sito en Feces  de Abaixo.
Terá unha duración de 36 horas (teórico-prácticas) e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00  (sábado de 10 a 14:00).





Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante