Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/11/2020

Inscríbete no obradoiro “As armadanzas: expresión corporal, xogos e dinámicas para o baile sen contacto”

5208F_1606750328_armadanzas.jpg
  • Esta actividade formativa, enmarcada no proxecto LIDERA, está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
  • A inscrición estará aberta até o 10 de decembro ou até cubrir a totalidade das prazas
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020. O vindeiro 17 de decembro, ás 19.30 horas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha de maneira telemática o obradoiro “As armadanzas: expresión corporal, xogos e dinámicas para o baile sen contacto”. O obxectivo da actividade é que as persoas interesadas adquiran coñecementos e competencias sobre comunicación non verbal e expresión corporal, a través da danza tradicional galego-portuguesa. 

Enmarcada no proxecto LIDERA, esta formación diríxese a mozas e mozos de Galicia ou Portugal de entre 18 e 30 anos, que estean interesados/as en afondar nestas novas dinámicas de comunicación e expresión corporal. Debido ao contexto actual, as persoas participantes poderán realizar a actividade acompañadas dunha persoa convivinte. 

A inscrición estará aberta até o vindeiro 10 de decembro ou até cubrir as 20 prazas ofertadas, a través do formulario electrónico habilitado para tal fin. O criterio de admisión será unicamente a orde de inscrición polo que de non recibir ningunha notificación o día anterior ao comezo da actividade, entenderase a solicitude como non aceptada. 

PROXECTO LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (LIDERA, 0205_LIDERA_1_E) ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Son socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Fonte: “As Armadanzas: Expresión corporal, xogos e dinámicas para o baile sen contacto”. 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante