Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/10/2020

Aberto o prazo de inscrición para o curso “Novas estratexias para un turismo sostible” do proxecto LIDERA

5175F_1604067527_Cartel_Turismo_Sostible.jpg
  • A data límite  para inscrición é o 7 de novembro ou até cubrir prazas.
  • No seguinte enlace poderás inscribirte 
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020. Do 9 ao 13 de novembro 2020, a Fundación Galicia Europa organiza o curso de formación online: NOVAS ESTRATEXIAS PARA UN TURISMO SOSTIBLE. AS EMPRESAS TURÍSTICAS, A SÚA EVOLUCIÓN, FUTURO E LIÑAS DE FINANCIAMENTO NA UE, que terá como obxectivo presentar novas habilidades e competencias ao sector turístico por mor de poder adaptarse ao momento que vivimos que require de ideas máis innovadoras e creativas, apoiándonos nas novas tecnoloxías e ferramentas de servizos e deseños que se poidan integrar no traballo cotián do sector co fin de ser máis competitivos e emprendedores.

Esta formación ten como finalidade mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización de actividades de titorización e asesoramento individualizado, formación personalizada, e coaching persoal tanto ao largo do curso como posteriormente.

Esta actividade vai dirixida á profesionais en situación de desemprego, período de formación, mellora laboral, ou adaptación da súa iniciativa económica ou emprendedora, da Galicia ou do Norte de Portugal. Daráselle prioridade á orde de inscrición, tendo como máximo 20 participantes. A asistencia será obrigatoria a todas as sesións para poder optar ao diploma de asistencia. Ao final dos obradoiros haberá unha sesión práctica na que deberán participar os alumnos.

O Curso é unha actividade do “proxecto LIDERA” que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten un orzamento de 1,4 millóns de euros e conta cun financiamento do 75 % de fondos FEDER e unha duración de cinco anos (2016-2020). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e o Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por LIDERA están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, céntrase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levan a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos. 


Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (LIDERA, 0205_LIDERA_1_E) ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Son socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante