Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/10/2020

A Federación Nacional das Asociacións Xuvenís organiza un encontro sobre a “Axenda Xove para a innovación das políticas de xuventude”

5137F_1602162604_inove__viana.jpg
  • Este diálogo de base local, enmarcado no proxecto LIDERA, ten como obxectivo dialogar e debater sobre a participación e asociacionismo xuvenil coa fin de avaliar e identificar as necesidades da mocidade en vista a definir políticas locais e nacionais neste eido
  • O prazo de inscrición para participar nesta xornada remata o vindeiro 11 de outubro
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2020. O 16 de outubro de 2020, no Teatro Sá de Miranda, de Viana do Castelo, a Federacação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ) e a Cámara Municipal de Viana do Castelo co-organizan o primeiro encontro sobre o futuro do asociacionismo e a xuventude. 

Estes diálogos encádranse no contexto da “Estratexia para o Diálogo Xove de Base Local”, que serven como base para a concepción do novo proxecto “INOVE+”. Un plan orientador a longo prazo que implicará un maior investimento para o desenvolvemento da participación e asociacionismo xuvenil en Portugal. Esta estratexia baséase en eixos estratéxicos tales como a transición dixital, a cohesión social, a economía verde, a cooperación transfronteiriza e a saúde pública, ademais da innovación xuvenil como temática transversal. 

Este primeiro evento terá como tema central a “Cohesión Social: Igualdade de oportunidades e a Cooperación Transfronteiriza”, e contará coa participación do Presidente do Consello Económico e Social, Francisco Assis. Da mesma maneira, servirá para reunir á xuventude, técnicos e policy makers de tódolos municipios da Rexión Norte de Portugal e de Galicia, así como tamén aos socios do proxecto LIDERA, para debater sobre as liñas principais na definición de políticas de xuventude. 

O obxectivo deste encontro, enmarcado no proxecto LIDERA, é a creación do “Pacto INOVE Xove”, que será consecuencia dun proceso de consulta a nivel nacional e internacional, facendo uso de metodoloxías de educación non formal, e-participación e a través da promoción dun verdadeiro diálogo entre a mocidade, técnicos de xuventude e policy makers.   

O prazo de inscrición a este evento estará aberto até o vindeiro domingo 11 outubro. Para formalizar a túa inscrición podes facelo no seguinte enlace

Consulta o programa completo:


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante