Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/11/2018

Workshops de ”Emprendemento da A á Z” organizados no marco do Proxecto Lidera

4439F_1542103522_IPDJ.png

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018. A Dirección Rexional do Norte do Instituto Portugués do Deporte e a Mocidade (IPDJ), no marco do proxecto Lidera, aprobado polo programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), abriu o prazo de inscrición para a participación nos Workshops de “Emprendemento da A á  Z”, que terán lugar nas oficinas do IPDJ en Viana do Castelo, Braga e Porto nos días 20, 21 e 22 de novembro respectivamente, entre as 14:30 e as 17:30.

As actividades están destinadas a mozos e mozas galegos/as e portugueses/as que busquen adquirir ou mellorar as súas competencias técnicas e sociais na área do emprendemento.

Cada un dos workshops terá unha duración de tres horas, dentro das que se presentará o caso práctico “Portugal Active”, exemplo empresarial de éxito.

Para máis información e inscricións os mozos/as interesados/as poderán contactar cos servizos do IPDJ:

Teléfono: +351258808815

Email: emilia.martins@ipdj.pt

Inscricións:  https://www.facebook.com/pg/projeto-Lidera-312756542650914/ events/? ref= page_ internal

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a  Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante