Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/11/2018

Próximas actividades do proxecto LIDERA

4437F_1541760549_f4ca78dfbacfacf4e74c447526c2b68d_L.jpg
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018. A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado polo programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), convoca diferentes actividades para os meses de novembro e decembro. 

“Intercambios profesionais Galicia- Norte de Portugal” 

OBXECTIVOS:
  • Apoiar á mocidade na adquisición de coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional
  • Crear sinerxias entre mozos e mozas de Galicia e empresas de Portugal co fin de que xurdan novas oportunidades
  • Axudar ao desenvolvemento dos proxectos empresariais dos mozos e mozas galegos, ou preparar aos mozos e mozas galegos á hora comezar un novo proxecto  a través das novas tecnoloxías aplicadas a varios sectores
  • Fomentar ideas innovadoras da xuventude a través da creatividade
  • Promocionar e estimular o espírito emprendendor da xuventude  a través de novos métodos de aprendizaxe baseados en “aprender facendo”
ACTIVIDADES: prácticas formativas non retribuídas en empresas de Portugal (area metropolitana do Porto)  e actividades complementarias.
DESTINATARIOS: mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Estes destinatarios poden aportar a súa propia empresa de realización da práctica creativa. De non ser así, asignarase unha  empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
TEMPORIZACIÓN DOS INTERCAMBIOS: do 2 ao 7 de decembro de 2018.
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 7 ao  20 de novembro de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN

“Xornadas de Coaching”

OBXECTIVOS:
  • Formar en habilidades transversais
  • Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas
  • Dotar aos mozos/as de ferramentas sinxelas que lles permitan mellorar
  • Propiciar o liderado da xente moza
  • Proactivar cara á formación activa
DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Varios.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 6 de novembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.


“Asesoramento personalizado en liña”

Tes en mente unha idea emprendedora, creativa, innovadora…?

Proxecto emprendedor, atréveste?

Se a túa resposta é que si, temos para ti unha ferramenta de consulta en liña que pon a túa disposición a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento da xuventude galega e portuguesa e apoiala para seguir avanzando no seu itinerario persoal e profesional.

A través deste servizo terás a túa disposición a profesionais de diversos sectores que che axudarán a impulsar e/ou avanzar na túa idea emprendedora, creativa, innovadora…, analizándoa dende diversos puntos de vista e asesorándote para que poidas acadar novas oportunidades.

MÁIS INFORMACIÓN

Varios encontros sectoriais:

Encontro sectorial “Emprendemento en base a cultivos hortícolas" (Espazo Xove de Curtis, 12 de novembro de 2018). Máis información.

Encontro sectorial “Obtención de maior valor engadido en producións agrarias e gandeiras” (Espazo Xove de Pontedeume, 13 de novembro de 2018). Máis información

Encontro sectorial “Novos cultivos de viabilidade no medio rural” (Espazo Xove de Betanzos, 14 de novembro de 2018). Máis información

Encontro sectorial “Emprendemento no sector agrogandeiro e transformación agraria: casos de éxito” (Espazo Xove de Vilalba, 14 de novembro de 2018). Máis información

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a  Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante