Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2018

Convocatoria de tres novos encontros sectoriais e unha xornada formativa no marco do Proxecto Lidera

4431F_1540555786_2a7c91f43a43f88aa402cdb2a30dc663_L.jpg
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018. A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado polo programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), convoca tres encontros sectoriais nos espacios xoves de Verín (Ourense), Pontedeume (A Coruña) e Ourense, ademais dunha xornada formativa que terá lugar no albergue xuvenil de Gandarío (A Coruña).

Encontro sectorial na Eurocidade Chaves Verín  “Xóvenes con vocación emprendedora- Emprender é fácil, se sabes como”

Contidos:
  • Aprender a desenvolver un “mínimo produto viable”
  • Comprender o concepto de “proposta de valor diferencial”
  • Practicar o “Canvas model” para tomar conciencia dos elementos que conforman un modelo de negocio e entender a súa engrenaxe
Relator:  Juan José Romero Crusat, experto en vendas e modelos de negocio.
Data: 8 de novembo de 2018
Horario: 11:00 a 13:30 horas
Lugar:   Eurocidade Chaves Verín
Avda Portugal, s/n
32699 Verín
Ourense

Máis información.

Encontro sectorial no Espazo Xove de Pontedeume “Surf, Ioga e Emprendemento”

Obxectivos:
  • Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional
  • Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posible saídas profesionais da mocidade
  • Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring
Data: 9 de novembro de 2018
Horario: 18:00- 20:30 horas
Lugar:   Espazo Xove de Pontedeume
Rúa Alameda de Raxoi, s/n
15600 Pontedeume
Inscricións: Mediante envío de correo electrónico a: info@rgdinamizacion.es

Máis información.

Encontro sectorial no Espacio Xove de Ourense “A Molinera, laboratorio de innovación dixital”

Contidos:
  • Ferramentas dixitais e tecnolóxicas para a sociedade do coñecemento.
  • Novas profesións, novos profesionais.
Relator: César Pichel, responsable do centro de coñecemento e innovación A Molinera (Concello de Ourense).
Data: 21 de novembro de 2018
Horario: 10:15- 12:00 horas
Lugar: Espazo Xove de Ourense – Espazo Emprende.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense

Máis información.

Xornadas formativas sobre perspectivas de negocio no ámbito rural

Obxectivos:
  • Fomentar e informar á xuventude sobre novas perspectivas de negocio e de cultivos no medio rural.
  • Fomentar a implantación de novos cultivos agrícolas que permitan obter beneficios económicos.
  • Achegar os conceptos que permiten obter producións competitivas de calidade.
  • Definir as técnicas e procesos para a produción dos cultivos alternativos que presenten unha perspectiva de negocio.
  • Xestionar e interrelacionar as diferentes áreas funcionais da empresa.
  • Prestar asesoramento técnico para poder alcanzar óptimos niveis de eficiencia na produción e obtención de produtos de alto valor engadido e boa rendibilidade económica a través do acceso ás canles curtas de comercialización.
Datas de realización: do 11 ao 14 de novembro de 2018.
Entrada:  domingo, 11 de novembro a partir das 19:30 horas.
Saída:  mércores, 14 de novembro a partir das 14:30 horas.
Lugar:Albergue xuvenil de Gandarío
Lugar, Cornide, 20
15167 Bergondo 
A Coruña

Máis información.

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante