Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/07/2018

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Coperación Transfronteiriza: Un arquitecto portugués na Galiza

Un arquitecto portugués na Galiza.jpg Ver máis... Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018. Cando o arquitecto portugués Álvaro Siza recibiu en 2010 o Premio Luso-Español de Arte e Cultura, destacou a “amizade histórica” entre España e Portugal. Coma en calquera amizade, ben sabe Siza que obras son amores, xa que na súa traxectoria artística podemos atopar moita obra construída en Galicia. 

Alberto Escobar Rivas, participante do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteriza, organizado pola Fundación Galicia Europa no marco do proxecto Lidera, armado con acuarelas e word, pretende coa súa acción de visibilidade “Un arquitecto portugués na Galiza” contribuír á difusión da obra de Siza. 

Entre os edificios destacados están o Centro Calego de Arte Contemporánea e a Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. Tamén se destaca a faceta de urbanista de Siza incluíndo a remodelación do tramo Recoletos-Prado en Madrid. Á fin e ao cabo, que a rúa máis española da cidade máis española sexa obra dun portugués é todo un símbolo da cooperación transfronteiriza. 

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave. 

Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante