Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/07/2018

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Coperación Transfronteiriza: falsos amigos

Falsos Amigos- Galego/Portugués.jpg Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017. Os alumnos do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteriza, organizado pola Fundación Galicia Europa no marco do proxecto Lidera, tiveron que diseñar una acción de difusión para explicar á cidadanía en qué consiste a cooperación transfronteiriza. Este xogo pretende achegarnos ás diferencias linguísticas que se poden atopar en territorios veciños. 

Claudia Iglesias Arriaran, unha das participantes, quixo transmitir coa súa acción de visibilidade as diferenzas que existen entre as linguas da zona fronteiriza de Galicia e Norte de Portugal, co obxectivo de reducir as posibles dificultades de comprensión que poidan existir entre as mesmas. 

Desta forma, e coa figura dos “falsos amigos” como protagonista, elaborou un xogo que combinando azar e  memoria pretende dar a coñecer aos seus xogadores as diferenzas de significado que existen entre vocábulos homónimos do español, galego e portugués.  

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave. 

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante