Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/07/2018

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Coperación Transfronteiriza: ‘Cociñando cogumelos transfronteirizos’

4359F_1532439683_saf.jpg Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018. A cooperación transfronteiriza non só se ve ou se sente, senón que tamén se saborea. Así o demostrou, María Cabaleiro Alfaya, unha das participantes do curso Axentes de Cooperación Transfronteiriza que a Fundación Galicia Europa organizou no marco do proxecto LIDERA. A súa acción de visibilidade só se pode calificar de deliciosa. 

“Cociñando cogumelos transfronteirizos” é un libro de cociña que emprega coma ingredientes principais champiñóns, cantarelos, boletus e moitos outros cogomelos de Galicia e o Norte de Portugal. 

 Entre as receitas poderedes atopar entrantes coma “croquetas de trompeta-dos-mortos”, pratos principais coma “níscalos con coello de monte”, sobremesas coma “tarta de ándoas” e bebidas coma o “licor de cantarelos”. Todo un festín para os sentidos que nos recorda que poucas cousas transcenden as fronteiras coma o amor pola comida.

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante