Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/07/2018

Acción de visibilidade do Curso de Axentes de Coperación Transfronteiriza: ‘Cooperação Transfronteiriça’

4358F_1532603710_sdfasdf.png Santiago de Compostela, 23 de julio de 2018. O premio Nobel de literatura José Saramago sempre foi partidario dunha federación entre Portugal e España, unidos baixo o nome de “Iberia”. Actualmente, entre todos os nomes implicados na cooperación transfronteiriza, a relación entre Galicia e o Norte de Portugal é un referente en toda Europa. 

Neste vídeo bilingüe portugués-castelán, a gondomarense Carla Silva, unha das participantes do curso Axentes de Cooperación Transfronteiriza que a Fundación Galicia Europa organizou no marco do proxecto LIDERA, preséntanos os principais resultados da cooperación entre países: o benestar, a evolución e o crecemento. 

O vídeo móstranos mesmo que mediante a comunicación, a análise e o traballo conxunto podemos alcanzar metas comúns a Portugal e España. A cooperación transfronteiriza álzase, en definitiva, coma un ensaio sobre a lucidez que aspira a iluminar calquera ensaio sobre a cegueira. 

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante