Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/07/2018

Encontro sectorial no Espazo Xove de Noia: “Do ocio ao teu negocio: oportunidades de negocio no sector da música e o son”

4356F_1532339709_033478b2e298abecf5f22e36abf42a34_L.jpg Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Noia, o encontro sectorial “Do ocio ao teu negocio: oportunidades de negocio no sector da música e o son”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da música e o son.

Data: 31 de xullo de 2018

Horario: 10:30- 13:30 horas

Lugar: Espazo Xove de Noia

Rúa Pedra Sartaña, s/n

15.200 Noia

A Coruña

Obradoiro de Turnablism DJ

Contidos:

Familiarización coa mesa de mesturas e a súa estrutura.
Iniciación á mestura, uso do fader.
Técnicas e nocións básicas para a mestura de sons.
Técnicas de scratching co vinilo.
Práctica no manexo da mesa e dos pratos.
Metodoloxía: comezar cun obradoiro para poder vincular as técnicas expostas coas oportunidades que ofrece o mundo laboral neste eido.

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante