Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/06/2018

Encontro sectorial no Espazo Xove de Carballo: “O emprendemento a través da cultura urbana e o skate”

4331F_1529318996_19444e20ba092b854de02ae6f1974c33_L.jpg Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Carballo, o encontro sectorial “O emprendemento a través da cultura urbana e o skate”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da cultura urbana e do skate.

Data:  28 de xuño de 2018
Horario:  10:00- 13:30 horas
Lugar:  Espazo Xove de Carballo. R/ Valle Inclán, 24. 15100 Carballo. A Coruña. Teléfono: 881 880 421 e 881 880 420
Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

10:00 - 10:45 h
Exemplo do emprendemento dende a oportunidade do skate
10:45 - 11:30 h
Dinámica de grupo “A miña empresa é de...”
11:30 - 11:45 h
Pausa café
11:45 - 12:00 h
Briefing de skate e colocación de módulos
12:00 - 13:30 h
Práctica e dinámicas sobre skate

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e  ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante