Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/06/2018

Finaliza a 2ª Edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, organizado pola Fundación Galicia Europa

Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza.jpg
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018. A Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença do Minho acolle mañá o acto de clausura do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, organizado pola Fundación Galicia Europa no marco do proxecto LIDERA.

Durante o acto de clausura, os alumnos do curso presentarán os coñecementos adquiridos na materia de preparación e presentación de proxectos europeos. Así, dará visibilidade aos proxectos que prepararon, cos seus repectivos formularios de solicitude, no marco de diferentes programas, como Erasmus, Europa cos Cidadáns, POCTEP ou Europa Creativa.

Ademais, os participantes da anterior edición do curso, celebrado entre outubro e novembro do 2017, presentarán a "Asociación de Axentes de Cooperación Transfronteriza - EU COOPERO", que se constituiu coma resultado do mesmo coa finalidade de potenciar as relacións entre os dous países.

O acto, ao que asistirán diferentes representantes de institucións portuguesas e galegas e do sector da consultoría de proxectos europeos, finalizará coa entrega de diplomas e cun coworking entre os participantes.

O programa completo do evento pódese consultar nos documentos asociados. 

LIDERA

O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto LIDERA, enmarcado no programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Co obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por LIDERA están orientadas a loitar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e a proporcionar as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa o motor de pulo económico destas rexións. 









Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante