Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/06/2018

Os alumnos da 2º edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, organizado pola Fundación Galicia Europa, presentaron as súas accións de visibilidade

4310F_1528194350_4244F_1522941508_lidera.jpg

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018. A Fundación Galicia Europa organizou no marco do proxecto LIDERA, financiado polo programa  Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), a segunda edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, que ten como obxectivo dar a coñecer aos seus participantes as distintas alternativas de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza, e as claves sobre como redactar unha candidatura para presentarse aos mesmos.

Os alumnos do curso, como parte do programa, realizaron diferentes accións de visibilidade para dar a coñecer a zona fronteiriza de Galicia e Norte de Portugal. Entre as mesmas podemos atopar o libro de cociña “Cociñando cogumelos transfronteirizos”, un compendio de receitas elaboradas con cogomelos da zona ou “Un arquitecto portugués na Galiza”, que a través de diferentes acuarelas dá difusión á obra do arquitecto portugués Álvaro Siza, que destacou a “histórica amizade” entre Galicia e Portugal.  Tamén nos podemos atopar con “Uma Fotografía,  Um  Sentimento”, que busca dar visibilidade á  Eurocidad  Valença-Tui a través das redes sociais ou con “A  saia dá Carolina”, na que unha cantante galega e outra portuguesa cantan a emblemática canción nas súas dúas versións, portuguesa e galega.

Contouse tamén cunha acción que consistiu na elaboración dunha audio guía para o tren turístico que existe en  Monção e Salvaterra, e con outra  que resultou nun xogo de memoria de falsos amigos das linguas española, galega e portuguesa. 

Outra das participantes elaborou unha guía de irmandamentos para centros de educación primaria e secundaria, co fin de darlle difusión a esta figura entre institucións educativas; dous deles publicaron artigos relacionados coa cooperación transfronteiriza, e unha realizou un vídeo poñéndoa en valor. Tamén se impartiu unha charla relacionada con cooperación, turismo e economía colaborativa na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença do Minho. 

Durante os próximos días publicarase na nosa web máis información acerca das mesmas co obxetivo de darlles unha maior visibilidade. 



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante