Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/04/2018

Publícase o programa definitivo da 2º Edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza organizado pola Fundación Galicia Europa

4246F_1523439302_cartel.jpg
Bruxelas,  11 de abril de 2018. Xa está dispoñible o programa definitivo do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, actividade de Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento europeo de 1,4 millons de euros  e unha duración  de catro anos.

O curso está organizado pola Fundación Galicia Europa, que conta coa colaboración da Câmara Municipal de Valença do Minho, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   

Durante o curso, que terá unha duración de 100h e un carácter eminentemente práctico, daranse a coñecer aos participantes as distintas alternativas de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza, e as claves sobre como redactar unha candidatura para presentarse aos mesmos.

A continuación pode consultarse o programa definitivo do mesmo. 

O prazo para inscribirse finaliza este xoves 12 de abril ás 12:00 h. 


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante