Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/04/2018

A Fundación Galicia Europa convoca a 2ª edición do curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza do proxecto europeo Lidera

2º Edición axentes de de Cooperacion Transfronteiriza LIDERA.jpg
Cunha duración de 100 horas, será unha formación eminentemente práctica na que, a través de diversas actividades, os participantes coñecerán as distintas alternativas de cooperación transfronteiriza e aprenderán a elaborar e redactar candidaturas para programas que fomenten a mesma.

O curso tamén servirá para promover redes de colaboración entre persoas, entidades e expertos en preparación de proxectos.

Bruxelas, 05 de abril de 2018. A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, que terá lugar  entre o 16 de abril e o 7 de xuño. Combinando actividades presenciais en grupo con outras de carácter individual, os participantes recibirán asistencia e titorización especializada para coñecer a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza, as posibilidades que ofrece o financiamento europeo neste ámbito, o proceso de elaboración dunha convocatoria e a oportunidade de descubrir e coñecer a outras persoas e entidades interesadas na creación de novos proxectos transfronteirizos.    

Esta actividade vai dirixida a mozos entre os 18 e 30 anos en situación de desemprego, no período de formación, ou en mellora laboral. Daráselle prioridade aos residentes próximos á zona de celebración e á orde de inscrición, tendo como máximo 15 participantes. 

Para este curso, a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración da Câmara Municipal de Valença do Minho, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial  de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociaciones Juveniles  Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   

 O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento  europeo  de 1,4 millons  de euros  e unha duración  de catro anos. No seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por Lidera están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, Lidera centrarase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levarán a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos. 

O Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza forma parte da Fase “Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización  de actividades  de titorización e asesoramento  individualizado, formación personalizada,  e coaching personal. Ao longo do proxecto realizaranse dúas edicións do curso, sendo esta a última delas.





Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante