Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/03/2018

A Fundación Galicia Europa convocará proximamente a 2º edición do Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza no marco do proxecto LIDERA

4238F_1522154632_LogoLIDERA.png
27 de marzo de 2018. O curso é unha actividade do proxecto europeo LIDERA, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento europeo de 1,4 millóns de euros e unha duración de catro anos. 

A Fundación Galicia Europa anunciará nos próximos días a apertura do período de inscrición para a realización do curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, cuxa primeira edición se celebrou o pasado ano e que, mediante a combinación de actividades presenciais con tutorización individual especializada, busca dar a coñecer aos seus participantes a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza e as oportunidades existentes en materia de financiamento europeo, ademais das claves sobre como elaborar unha convocatoria para optar ás mesmas. 

Os participantes do curso, que nesta segunda edición celebrarase en Valença do Minho (Portugal), serán mozos galegos e portugueses de entre 18 e 30 anos que se atopen en situación de desemprego ou procura de mellora de emprego. A formación será completamente gratuíta e haberá axudas dispoñibles para o aloxamento e a manutención.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante