Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/12/2017

A Fundación Galicia Europa participa no Encontro Emotraxe, evento organizado dentro do Proxecto europeo Lidera

© Fundación Galicia Europa
  • Ao evento acudiron asociacións xuvenís, participantes en actividades de voluntariado, membros de grupos informais, así como técnicos e educadores xuvenís
  • Ademais, dinamizadores de Axentes de Cooperación Transfronteiriza asistiron ao evento como impulsores da Cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal 
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017. O pasado sábado 16 de decembro tivo lugar no Auditorio de Ferrol o encontro Emotraxe, un evento organizado polo proxecto europeo Lidera no que mozos galegos e portugueses puideron coñecer e intercambiar experiencias, asistir a coloquios de relatores como Josef Ajram ou María J. Freire Franco, así como consultar e adquirir información dos aproximadamente 30 casetas organizadas por multitude de entidades xuvenís. 

Emotraxe enmárcase no proxecto Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V a España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento de 1,4 millóns de euros e unha duración de catro anos. O obxectivo é promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. A su vez, este encontro forma parte da actividade “Emprende” dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten cun grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha.
 
Ademais da Xunta de Galicia, son socios do proxecto a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante