Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/11/2017

A Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha EMOTRAXE, un encontro mostra transfronteiriza da mocidade emprendedora

Cartel publicitario do encontro mostra EMOTRAXE en Ferrol. © Fundación Galicia Europa
  • EMOTRAXE será un espacio de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento
  • Terá lugar o sábado 16 de decembro no Auditorio de Ferrol
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017. A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, unha actividade enmarcada no proxecto europeo LIDERA, ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP). Este encontro forma parte da actividade ”Emprende” dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten con un grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. 
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federação Nacional de Associações Juvenis Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave. 

O programa e o formulario de inscripción pódense atopar na seguinte ligazón: Xuventude.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante