Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unhas xornadas visitas de formación en Galicia e Portugal do Proxecto Lidera

Logo do programa Lidera. © Fundación Galicia Europa
  • Estas iniciativas impulsan a relación e integración da xuventude na realidade económica do territorio, reforzando o coñecemento do marco local de vida dos mozos e mozas; reforzan o achegamento da mocidade á realidade do tecido empresarial galego e portugués; promoven o coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio; e ofrecen unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca seis xornadas visitas de formación en empresas de distintas zonas da xeografía galega e unha estancia visita de formación de catro días de duración en Portugal no marco do  proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Así mesmo, coincidindo coas xornadas e estancia visita de formación,  terán lugar 7 encontros sectoriais a pequena escala onde os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Estas iniciativas formativas forman parte da actividade “CRECE” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Son socios do proxecto: a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12621-xornadas-visitas-de-formacion-en-galicia-e-portugal-encontros-sectoriais
Inscricións: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=280


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante