Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o itinerario formativo FORMATour: formación especializada para o emprego e o emprendemento do proxecto LIDERA

Logo do programa Lidera. © Fundación Galicia Europa
  • A meta é mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento das persoas participantes mediante a realización de actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca o itinerario formativo FORMATour que ten como obxectivo a formación en seis habilidades transversais  que potencien o emprego e fortalezan o emprendemento dos mozos e mozas. Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).

A Fundación Galicia Europa é socia do proxecto conxuntamente coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

O itinerario formativo FORMATour forma parte da actividade “CATALIZA” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal. A actividade vai dirixida a mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos e desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A admisión será  por rigorosa orde de inscrición, tendo como máximo 12 participantes.

Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12628-formatour-formacion-especializada-para-o-emprego-e-o-emprendemento

Inscricións: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=282


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante