Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/09/2017

A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza do proxecto europeo Lidera

Anuncio do curso de axentes de cooperación transfronteiriza. © Fundación Galicia Europa Ver máis...
  • Cunha duración de 100 horas, será unha formación eminentemente práctica, na que a través de diversas actividades, os participantes aprenderán a elaborar e redactar candidaturas para programas que fomenten a cooperación transfronteiriza 
  • O Curso tamén ofrecerá a oportunidade de coñecer distintas alternativas de cooperación transfronteiriza e promover redes de colaboración entre persoas, entidades e expertos na preparación de proxectos
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017. A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, que terá lugar  entre o 16 de outubro e o 28 de novembro de 2017. Combinando actividades presenciais en grupo con outras  de carácter individual, os participantes recibirán asistencia e titorización especializada para coñecer a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza, as posibilidades que ofrece o financiamento europeo neste ámbito, o proceso de elaboración dunha convocatoria e a oportunidade de descubrir e coñecer a outras persoas e entidades  interesadas na creación de novos proxectos transfronteirizos. Esta actividade vai dirixida a mozos entre os 18 e 30 anos en situación de desemprego, no período de formación, ou en mellora laboral. Daráselle prioridade aos residentes próximos á zona de celebración e á orde de inscrición, tendo como máximo 15 participantes.  

Para este curso, a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial  de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   

O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento  europeo  de 1,4 millons  de euros  e unha duración  de catro anos. No seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por  Lidera están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, Lidera centrarase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levarán a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos. O Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza forma parte da Fase “Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar  e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización  de actividades  de tutorización e asesoramento  individualizado, formación personalizada,  e coaching personal. Ao longo do proxecto realizaranse 2 cursos.

Imaxes relacionadas


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante