Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/06/2017

A Fundación Galicia Europa participa nun proxecto europeo para potenciar o emprego e o emprendemento xuvenil na rexión Galicia-Norte de Portugal

Imaxe da presentación oficial do proxecto. © Fundación Galicia Europa
  • O proxecto, denominado Lidera, contará coa participación de varios socios galegos e portugueses.

  • Cun orzamento comunitario do 75%, Lidera encádrase dentro do impulso que a Unión Europea brinda ao desenvolvemento rexional e á cooperación transfronteiriza.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017. A semana pasada presentouse o proxecto de cooperación transfronteiriza Lidera, impulsado pola Xunta en colaboración coa Fundación Galicia Europa e outras entidades galegas e portuguesas. Este proxecto, cun orzamento de 1,4 millóns de euros, enmárcase dentro do programa Interreg V España-Portugal 2014-2020 e ten como principal obxectivo mellorar as condicións necesarias para fomentar novas iniciativas empresariais en Galicia e na rexión norte de Portugal. As actividades estarán orientadas á mocidade, co propósito de loitar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor do impulso económico destas rexións. 

Nun mercado laboral en constate cambio, Lidera busca facilitar a adaptación da mocidade que non estea no mercado grazas a numerosas actividades enfocadas á procura activa de emprego, á mellora de habilidades e á posta en valor das capacidades persoais. Ademais, desenvolverase unha rede de apoio ao emprego, ofrecendo asesoramento e seguimento de novas iniciativas empresariais que se poñan en marcha nas rexións participantes.


Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento

Cun prazo de execución de dous anos, Lidera céntrase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”. Durante cada unha destas fases levaranse a cabo unha serie de actuacións orientadas a ampliar as oportunidades laborais dos mozos, con actividades como encontros sectoriais, accións de mobilidade entre as ambas rexións, cursos online públicos e de especialización en axentes de cooperación transfronteiriza, sesións de coaching, titorías personalizadas ou encontros con mozos emprendedores. Este proxecto tamén creará unha rede de apoio ao emprego xuvenil a través de varios Espazos Xoves repartidos pola comunidade de Galicia, as oficinas transfronteirizas de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal de Verín e Tui, así como outros centros de atención de Portugal.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante