Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/10/2013

O proxecto Emprende realiza o encontro Punto Verde

3033F_1383742695_Dibujo.JPG

¿Apostas polo medio rural? ¿Desexas compartir as túas inquedanzas? ¿Tes unha idea? ¿Queres unha oportunidade para presentala? Defínea brevemente e preséntaa ante outros emprendedores rurais. Se estás entre as elixidas, será posible traballala en talleres específicos ¿Qué conseguirás? Definir claramente a túa idea, compartir coñecementos, xerar o teu modelo de negocio, definir a túa estratexia de comunicación ambiental ...

O proxecto Emprende realiza un encontro: PUNTO VERDE. UNHA IDEA, UN PROXECTO, UN PLAN DE NEGOCIO VERDE (da servilleta ao plan de negocio)

  • A Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ e a CEG, organiza este encontro ao amparo do Proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).

  • Enmarcado na actividade de AXUDAS A INICIATIVAS XUVENÍS EMPRENDEDORAS, na acción de APOIO Á INTERNACIONALIZACIÓN; terá como obxectivo informar, asesorar e promocionar novas ideas e proxectos de xoves que aposten polo medio rural; Facilitar un entorno de internacionalización de productos e sistemas en territorios transfronteirizos

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013. Este PUNTO VERDE realizará un exercicio de resumir un proxecto nunha servilleta... un proceso de comunicación... e definir un plan de negocio "non formal". Ese é o fluxo de traballo que imos realizar nesta xornada. Compartir ideas para fortalecer un proxecto, comunicar en verde porque é unha aposta de futuro, mirar ao futuro porque é pensar en verde e ver no Horizonte 2020 que oportunidade podemos ter para o teu proxecto.

Os días 14 e 15 de noviembre de 2013 realizarase esta xornada de ECO INNOVACIÓN E EMPRENDEDORES, OPORTUNIDADES DE NEGOCIO en Feces de Abaixo (Gabinete da Eurocidade, Verín). A finalidade céntrase no desenvolvemento dun PUNTO VERDE DE ENCONTRO que favoreza o intercambio de conceptos, ideas e proxectos mediante o traballo en equipo, a posta en común e discusión das diferentes propostas.

O abandono do medio rural debe frearse co regreso de emprendedores que realmente crean nas súas ideas con paixón, motivación e confianza, establecendo así proxectos viables e dinamizadores dun espazo que xamáis debeu ser abandonado.

Destinatarios e criterios de selección: o curso vai dirixido a xoves de 18 a 30 anos con espírito emprendedor e desempregados. Darase prioridade ao orde de presentación da inscripción e preferencia aos xoves de zonas limítrofes. A xornada é gratuita.

Número de prazas: co fin de que a xornada sexa o más áxil posible limitarase a 30 (15 gallegos y 15 portugueses). Os interesados deberán inscribirse e enviar un documento (máximo 1 folla) coa súa idea, o seu proxecto, o seu negocio a realizar. A data límite de recepción será o 31 de outubro de 2013. Comunicaráselles persoalmente a recepción da súa inscripción e a resolución definitiva. A asistencia será obrigatoria a toda a xornada e entregarase certificado de asistencia.

Metodología: as actividades realizaranse mediante o establecemento de grupos dinámicos que traballarán as ideas seleccionadas, enfrentándose ao reto de plantexar esquemáticamente o concepto a transmitir, desenvolver un plan de negocios “non formal” e establecer estratexias de comunicación no aspecto ambiental.

Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9:00 h. a 14:00 h, ou no e-mail santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para realizar as inscripcións deberán dirixirse á páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, e no e-mail: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Proxecto Emprende

“Xoves Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer de este territorio un espazo atractivo para o asentamento ou desenvolvemento de novas actividades económicas e empresariais por parte dos xoves.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

O proxecto EMPRENDE está adscrito ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e convírtanna nun lugar atractivo para a actividade económica e as inversións.


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante