27/06/2012
![]() |
Santiago, 27 de xuño de 2012. Encadrado no Proxecto Emprende, cuxo obxectivo é apoiar á mocidade emprendedora de Galicia e o Norte de Portugal, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Galicia Europa e coa Confederación de Empresarios de Galicia, pon en marcha o Gabinete de iniciativas xuvenís emprendedoras transfronteirizas, unha ferramenta que axudará a converter as ideas de negocio dos mozos emprendedores en realidade.
O Gabinete ofrecerá dous tipos de actividades, dunha banda asesorará de xeito presencial aos interesados a través da realización de seminarios sobre Emprendemento na Eurorrexión en diferentes localidades de Galicia. Simultaneamente, prestará asesoramento en liña na seguinte dirección: gabineteiniciativas.ctb@xunta.es
Este gabinete pretende polo tanto prestar un servizo integral que facilite a creación de empresas e a xeración de emprego na Eurorrexión. Así, apoiará á xuventude ao longo de todo o proceso empresarial co obxectivo de:
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web