Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2011

A Fundación Galicia Europa participa na organización do V Encontro Asociativo Xuvenil EMAX, 1º Foro Emprende, en Vilagarcía

  • O evento terá lugar os días 28, 29 e 30 de outubro tanto no interior coma nos exteriores do Auditorio de Vilagarcía de Arousa

Santiago, 26 de outubro de 2011. A Fundación Galicia Europa participa na organización do V Encontro Asociativo Xuvenil EMAX, 1º Foro Emprende, os días 28, 29 e 30 de outubro, celebrado no Auditorio de Vilagarcía de Arousa para membros de asociacións, grupos con proxectos e mozos en xeral de Galicia e norte de Portugal. Este evento concíbese como unha gran feira para a mocidade (de 18 a 30 anos), onde os asistentes terán a oportunidade de mostrar o seu traballo asociativo, así como intercambiar experiencias e ideas para emprender.

Cada entidade xuvenil terá á súa disposición un espazo para a exposición de ideas, accións e proxectos, con zona de stands dos distintos colectivos. A Fundación Galicia Europa contará cun stand de seu para proporcionar información, onde representantes da Cámara de Comercio de Vilagarcía asesorarán aos mozos interesados en emprender.

Ademais, haberá mesas de asesoramento emprendedor e de asociacionismo e diversos seminarios de traballo sobre asociacionismo ou de habilidades e iniciativas. Tamén se prevé un espazo multimedia para a exposición dos traballos de creación e divulgación realizados por mozos. No exterior do edificio, ofrecerase ocio alternativo: actividades multiaventura, rotas en galeón e dorna pola ría, talleres de graffiti ou actuacións musicais, teatrais, de monólogos e de maxia.

O EMAX, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), conta co financiamento da Unión Europea a través do programa POCTEP, dentro do proxecto xuvenil EMPRENDE pertencente ao subprograma de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal. Este acto celébrase desde hai cinco anos alternando cidades galegas e portuguesas; en 2010, tivo lugar en Chaves.

A inscrición, gratuíta pero imprescindible, pódena realizar todos os mozos, entre 18 e 30 anos, na aplicación dispoñible na plataforma www.xuventude.net. Os organizadores ofrecen aos inscritos unha rede de autocares que percorrerán todas as comarcas de Galicia. Os participantes contarán dende a noite do venres ata o mediodía do domingo con aloxamento e mantenza en diferentes hostais e residencias xuvenís da localidade.

Para consultar o programa, prema aquí.

Título da foto

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante