Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
13/06/2011
Santiago, 13 de xuño de 2011. A Fundación Galicia Europa (FGE) e os socios do proxecto Eco-innova veñen de aprobar a “Estratexia común sobre ecoinnovación” nun encontro mantido en Cardiff (Gales) a finais de maio. Nel os catro territorios atlánticos que integran o partenariado analizaron as dificultades presentes, as liñas de acción prioritarias e as novas oportunidades que ofrece a ecoinnovación nos seus territorios e propugnaron un paquete de solucións ante os obstáculos compartidos co fin de poder desenvolver un toolbox de servizos. O obxectivo final deste encontro era definir unha estratexia conxunta para as catro rexións do Espazo Atlántico partindo das análises realizadas en cada territorio.
A folla de ruta establece oito liñas de actuación:
A través destes puntos quérese acotar os principais problemas do sector da ecoloxía e innovación, que á vista dos estudos presentados por cada rexión adoitan ser: a falta de información, a disgregación dos seus axentes, a atomización do sector, o difícil acceso ao financiamento e o carácter local das empresas.
Deste xeito, a “Estratexia común sobre ecoinnovación” fai fronte ás principais barreiras do sector e aposta por un plan integral que abrangue desde a creación de empresas ecoinnovadoras, a través de axudas ao financiamento, ata o consumidor final, potenciando a demanda de produtos e servizos.
Máis información sobre a “Estratexia común sobre ecoinnovación” aquí (só dispoñible en castelán).