Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/10/2021

Viaxa por Europa con DiscoverEU

5428F_1633961943_DiscoverEU.jpg
  • Poderás presentar a túa candidatura desde mañá, 12 de outubro, até o vindeiro 26 de outubro ás 12:00 horas
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021. Volve DiscoverEU, a iniciativa da Unión Europea que ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de 18 anos de descubrir Europa a través da súa propia experiencia. A través dunha viaxe en tren, poderás descubrir a gran variedade e diversidade de cidades e pobos europeos.

As persoas que queiran participar só terán que cumprir dous requisitos: ter cidadanía dun Estado membro da Unión Europea e ter nacido entre o 1 de xullo de 2001 e o 31 de decembro de 2003. De maneira excepcional, poderán presentar de novo a súa candidatura as persoas que a presentaron nas dúas edicións de 2020, que foron canceladas debido á crise sanitaria motivada pola COVID-19. 

Poderás presentar a túa candidatura desde mañá, 12 de outubro, até o vindeiro 26 de outubro ás 12:00 horas. Se a túa candidatura é seleccionada, poderás facer unha viaxe de entre un e trinta días de duración desde o 1 de marzo de 2022 até o 28 de febreiro de 2023. 

Atopa toda a información sobre como presentar a túa candidatura a esta oportunidade na seguinte ligazón. 

CONTEXTO

A Comisión Europea puxo en marcha DiscoverEU en xuño de 2018, por mor dunha proposta do Parlamento Europeo. As tres primeiras roldas de candidaturas deron a uns 50.000 mozos a oportunidade de viaxar por Europa. Para o exercicio 2020, o Parlamento Europeo asignou á iniciativa DiscoverEU un orzamento de 25 millóns de euros. O Executivo europeo anunciará ao seu debido tempo a próxima rolda de candidaturas e porá ao día a información no Portal Europeo da Mocidade.

Dado o gran interese que xerou DiscoverEU, a Comisión traballa constantemente para mellorar a iniciativa, baseándose na información transmitida polos viaxeiros e as principais partes interesadas. Ata o de agora, os participantes nas primeiras roldas comunicaron que DiscoverEU constitúe unha experiencia de aprendizaxe valiosa e inclusiva que contribúe ao compromiso cívico, ao crecemento persoal e ao desenvolvemento de capacidades. Viaxar capacita aos mozos e axúdalles a desenvolver competencias clave, como as lingüísticas e a sensibilización intercultural. A resiliencia, a capacidade organizativa e a resolución de problemas tamén son activos que deben terse en conta. Por outra banda, dous terzos dos participantes indicaron que, sen DiscoverEU, non poderían financiarse a viaxe. Para algúns dos participantes, era a primeira vez que viaxaban sós, sen os seus pais ou titores legais.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante