Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/05/2021

Aberto o prazo para participar no encontro virtual da Fundación Galicia Europa sobre o programa Erasmus Emprendedores

5342F_1622053068_Cartel_dia__logos_con.jpg
  • O encontro virtual “Diálogos con” terá lugar o 3 de xuño ás once da mañá 
  • Durante esta sesión informativa, organizada pola Fundación Galicia Europa con motivo da Semana Europea da Xuventude, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre o programa Erasmus Emprendedor, da man de especialistas e de galegos emprendedores que compartirán a súa experiencia como beneficiarios
Bruxelas, 26 de maio de 2021. Con motivo da Semana Europea da Xuventude, a Fundación Galicia Europa abre o prazo de inscrición para participar na nova edición de “Diálogos con”, os encontros virtuais da Fundación Galicia Europa destinados á mocidade.

Durante este novo encontro, que terá lugar o 3 de xuño ás once da mañá, os asistentes poderán profundar e resolver as súas dúbidas sobre o programa Erasmus Emprendedores, da man da responsable do mesmo na Cámara de Santiago e Premio Europeo a Mellor Programa Erasmus Emprendedor, Belén Mendoza. Ademais, o encontro contará coa participación de dous galegos beneficiarios do programa que compartirán a súa experiencia cos mozos e mozas participantes. 

“Diálogos con” é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia.

Pode acceder ao programa e á páxina de inscrición a través da seguinte ligazón. A inscrición a estas xornadas ten un aforo limitado.

A Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante