Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/05/2021

Aberto o prazo de inscrición para o campo de voluntariado transfronteirizo da Eurocidade Chaves-Verín

5336F_1621512354_high-school-students-in-the-new-normal-studying-on-stairway.jpg
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca este campo de voluntariado transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de convocar o campo de voluntariado transfronteirizo co obxectivo de crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran experimentar e crear a base do seu proxecto persoal.

Os obxectivos específicos que se perseguen con esta actividade son: 
  • Dar a coñecer novas fórmulas para que os mozos e mozas teñan iniciativa, sentido crítico e autonomía.
  • Fomentar ideas innovadoras a través da creatividade.
  • Dotar aos mozos e mozas de habilidades e competencias que os preparen para o mundo laboral.
  • Crear unha actividade multidisciplinar a través da inmersión cultural e etnográfica para a dinamización xuvenil a través das novas tecnoloxías.
  • Dinamizar a zona Chaves-Verín a través de programas creados polos mozos e mozas, cun claro valor social.
Poderán inscribirse de maneira gratuíta todas aquelas mozas e mozos galegos e portugueses de entre 18 e 30 anos, ambos inclusive, até completar as 12 prazas dispoñibles. 

O programa inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, transporte no ámbito da actividade (non se inclúe o desprazamento até a cidade transfronteiriza), equipos técnicos e acompañamento por equipo técnico. 

Os campamentos levaranse a cabo desde o 21 até o 26 de xuño, comezando o primeiro día ás 12:00 horas e rematando o último ás 15:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto até o 15 de xuño na seguinte ligazón

PROXECTO EUROCIDADE_2020

O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.

Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Fonte: Campo de voluntariado transfronteirizo Eurocidade Chaves-Verín.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante