Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/02/2021

As prioridades da nova Presidencia portuguesa en materia de xuventude

youthgroupfreepik.jpg
  • A posta en marcha de Erasmus+ 21-27, a aprobación do novo regulamento do Corpo de Solidariedade Europeo e a mellora da accesibilidade á educación e á formación serán elementos chave da nova Presidencia portuguesa da UE.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro 2021. A nova Presidencia do Consello da Unión Europea, asumida por Portugal o pasado 1 de xaneiro, fíxase como obxectivo principal a consecución dunha Europa xusta, verde e dixital. Para conseguir esta meta, as tres prioridades chave do seu mandato son: a promoción dunha recuperación europea impulsada polas transicións climática e dixital; a posta en marcha do Pilar Europeo de Dereitos Sociais, a fin de asegurar unha transición xusta e inclusiva; e o fortalecemento da autonomía estratéxica nunha Europa aberta ao mundo. 

No eido da mocidade e a educación, a Presidencia portuguesa pon o foco nos seguintes puntos:
  • A promoción dun enfoque baseado en dereitos nas políticas de xuventude, en liña cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e da Estratexia Europea de Xuventude 2019-2027;
  • A priorización da importancia da mobilidade xuvenil, a través dos programas Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade
  • O fomento da aprendizaxe permanente, do recoñecemento de competencias e cualificacións e da inclusión;
  • A defensa da importancia do acceso á educación e á formación e a creación de  igualdade de oportunidades
  • A relevancia da inversión continua na educación, a autoaprendizaxe e a formación profesional e artística, con especial fincapé na adquisición de competencias dixitais e medioambientais; 
  • E a promoción do debate sobre a educación dixital, o ensino a distancia e híbrido e os métodos de ensino innovadores.

Fonte: Portuguese EU Presidency.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante