Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/01/2021

O Manifesto da Xuventude: un impulso á participación da mocidade na cooperación territorial europea

5241F_1611241928_overhead-portrait-international-students-waiting-test-college-group-university-mates-sitting-floor-with-books-laptops-doing-homework-min.jpg
  • O documento recolle un total de doce recomendacións co obxectivo de impulsar a participación da mocidade na cooperación territorial e aliñala cos seus intereses 
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021. Con motivo do 30º aniversario do programa Interreg celebrado o pasado ano, o programa de cooperación territorial por excelencia da Unión Europea, elaborouse o primeiro manifesto da mocidade, Manifesto for Youth by Youth to Shape European Cooperation Policy. O documento, que foi elaborado pola Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO) tras realizar unha serie de consultas (a través de enquisas e grupos de discusión en liña) sobre as prioridades da mocidade en materia de cooperación territorial, presentouse no evento anual de Interreg o 15 de outubro. Desta maneira, o texto recolle as opinións da xuventude sobre o Interreg e en materias do seu interese, co obxectivo de exercer influencia no proceso de elaboración de políticas europeas. O manifesto ten por obxectivo concienciar á xuventude sobre a cooperación territorial como un elemento chave para derrubar barreiras entre as fronteiras e, á vez, incrementar as accións conxuntas para afrontar desafíos comúns. 

Con respecto ás prioridades que deberá marcar a política de cooperación territorial no novo período 21-27, a xuventude concorda en sinalar cinco eidos de actuación, nos que o programa Interreg debería poñer o foco, sendo estes: a) mellorar as competencias da mocidade e incrementar o acceso a oportunidades formativas; b) impulsar as oportunidades de emprego para a xuventude europea; c) simplificar as normas e mellorar a comunicación a través das ferramentas dixitais; d) abordar o cambio climático para asegurar un futuro mellor; e) e fomentar a participación da cidadanía para a creación e aplicación de políticas. 

Para materializar estas prioridades, o manifesto recolle un total de doce recomendacións, nas que se pode destacar o reclamo dunha maior implicación da mocidade en redes europeas relevantes; o fomento de intercambios regulares e diálogos dentro de estruturas como as estratexias macrorrexionais; incrementar o coñecemento sobre o programa Interreg en escolas e universidades; e mesmo crear e difundir programas sobre cooperación territorial a través do programa Interreg. 

Manifesto for Young People by Young People!


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante