Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/09/2020

A xuventude na Semana Europea das Rexións

5106F_1601046009_EUROXUVENTUDE.png
A Semana Europea das Rexións e Cidades (#EURegionsWeek) é o maior evento anual dedicado á política rexional, que este ano, por mor da COVID-19, se celebrará na súa totalidade de maneira online 

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020. O 27 de setembro finalizaba o prazo para rexistrarse na décimo oitava edición da #EURegionsWeek, un evento que se celebrará durante tres semanas consecutivas, desde o 5 até o 22 de outubro, e que acollerá máis de 500 sesións online sobre diferentes temáticas de interese para a Unión Europea.

Co obxectivo de facer chegar á mocidade galega os asuntos comunitarios de maior relevancia e actualidade, desde a Fundación Galicia Europea queremos convidar á xuventude a que se implique e participe de maneira activa nas sesións que maior interese lle susciten. De entre a variedade achegada no programa, recomendamos as seguintes xornadas, polo seu valor informativo e complementariedade coas iniciativas que levamos a cabo desde a Fundación. 


Despois desta primeira semana, continúan os eventos virtuais da Semana Europea das Rexións, onde a mocidade ten a oportunidade de coñecer diferentes iniciativas e programas de interese. Hoxe, 7 de outubro, finaliza o prazo para inscribirse nas sesións da segunda semana, e o vindeiro día 14 de outubro o prazo para rexistrarse na derradeira semana

Por este motivo, desde a Fundación recomendámosche que teñas en conta as seguintes sesións, con temáticas relevantes e de interese para a mocidade galega tales como o empoderamento da xuventude vulnerable ou a dixitalización nas zonas rurais.

“Como poden as rexións e cidades europeas empoderar á mocidade vulnerable, excluida do mercado laboral, para co-producir plans de apoio social, ou inclusive novos empregos e empresas?” Se estás interesado na resposta, acode a esta sesión, onde grazas aos proxectos EYES (Entrepreneurial skills) e IMAGINE (peri-/urban farming) coñecerás todas as respostas e posibilidades para paliar esta problemática!

A dixitalización nas zonas rurais é un tema de grande importancia para Galicia, polo que nesta sesión terás a posibilidade de escoitar diferentes propostas e oportunidades para fomentar novos instrumentos e mecanismos dixitais nos territorios rurais. A rede BCO Network estará presente para falar, ademais, das diferentes actuacións que se levan a cabo no seu seo. 

Nesta sesión abordarase a cohesión económica, social e territorial das rexións que conforman a Área Atlántica desde a perspectiva da mocidade, onde, a través dunha presentación, se darán a coñecer diferentes posibilidades para traballar nestes ámbitos no conxunto das rexións.

No marco do proxecto “Youth for a Just Transition”, promovido pola DG REGIO, levarase a cabo un workshop participativo no que o equipo do proxecto presentará os resultados principais do toolkit elaborado e, posteriormente, invitará á mocidade participante a compartir a súa opinión e ideas para mellorar os elementos que comporán o toolkit, coa finalidade de dotalo de maior utilidade tanto para a xuventude como para as persoas responsables da elaboración de políticas.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante