Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/05/2020

Encontro europeo da mocidade 2020: dar voz aos mozos na política da UE

4965F_1590501888_99118432_3206936256007331_8525668764421718016_o.png
O encontro europeo da mocidade (EYE) impulsará o intercambio de ideas entre mozas, políticos de alto nivel, expertos e influentes sobre o papel da UE na crise do COVID-19.

Bruxelas, 26 de maio de 2020. Tras o adiamento do evento debido á pandemia, o «EYE en liña» entra na súa última semana e ofrece aos mozos de dentro e fóra da UE a oportunidade de atoparse e intercambiar opinións con expertos, políticos, activistas e outros actores relevantes. E e marco da campaña #EuropeosContraelCovid-19, abordará as preocupacións dos mozos sobre a resposta da UE á crise sanitaria.

Os participantes poderán debater con políticos de alto nivel como o presidente do PE, David Sassoli, os vicepresidentes Katarina Barley e Othmar Karas, a presidenta do BCE, Christine Lagarde, así como varios comisarios e eurodeputados.

O presidente do PE, David Sassoli, quen clausurará o evento o venres 29 de maio, dixo: «Tratamos de atopar oportunidades mesmo en tempos difíciles. O EYE en liña leva o encontro europeo da mocidade ao seguinte nivel ao permitir que aínda máis novos de dentro e fóra de Europa participen no debate democrático e presenten as súas ideas sobre o futuro da Unión. O EYE é así máis máis accesible e inclusivo».

O programa do EYE en liña comezou o 7 de abril unha vez confirmado que o evento que se celebra cada dous anos en Estrasburgo non poderá ter lugar en 2020 debido á pandemia de coronavirus. A súa última semana, do luns 25 ao venres 29, inclúe varias sesións interactivas, entre elas un debate con diversos responsables políticos da UE, unha introdución ás tarefas de eurodeputado ou intérprete, e paneis de discusión sobre unha variedade de temas.

O presidente Sassoli participará na sesión de clausura titulada «Nos zapatos do presidente do PE», na que presentará o seu traballo diario, particularmente nestes tempos difíciles, e explicará a resposta do Parlamento ao COVID-19 e o camiño a seguir tras a crise.

Os vicepresidentes do PE responsables para Comunicación, Katarina Barley e Othmar Karas, darán inicio ás actividades da última semana, o luns, respondendo as preguntas dos participantes sobre a resposta da UE á crise.

A presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, tamén figura entre os oradores invitados. A súa intervención centrarase en explicar as medidas para mitigar o impacto da pandemia, sobre os cidadáns, as empresas e os bancos.

Os participantes tamén poderán intercambiar opinións sobre como os mozos poden contribuír a dar forma ás políticas sen necesidade de saír de casa. Outras sesións tratarán sobre a repercusión do COVID-19 na mobilidade xuvenil, particularmente os programas Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade, e no mercado laboral, así como sobre as desigualdades en materia de saúde e atención médica e a emerxencia climática.

Programa completo e máis información sobre EYE en liña.

A organización dixital do evento pretende responder as expectativas dos máis de 13.000 mozos que se rexistraron para o encontro de maio, pero tamén posibilita a participación dun público máis amplo. Até agora, as actividades, retransmitidas na páxina de Facebook de EYE, recibiron máis de 500.000 visitas.

Fonte: Parlamento Europeo

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante