Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2020

O programa Erasmus+ segue a cultivar éxitos ao longo dos anos

Participante del programa Erasmus documentandose.jpg
«Cidadáns de toda Europa interactúan, intercambian e aprenden cando participan en actividades educativas, xuvenís e deportivas máis aló das fronteiras. Erasmus+ foi un éxito común extraordinario, e deberiamos ser aínda máis ambiciosos e aspirar a aumentar a participación, a mobilidade, a diversidade e as oportunidades». 

Margaritis  Schinas, vicepresidente para a Promoción do noso Modo de Vida Europeo


Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020. O pasado mes de xaneiro presentouse en Bruxelas o informe anual sobre Erasmus+, correspondente a 2018. Na inauguración do evento, que reuniu ás partes interesadas no programa, puxéronse en valor os máis de 23.500 proxectos financiados e as oportunidades de mobilidade  que ofreceu Erasmus+ a 850.000 esudantes, profesores e traballadores no ámbito da mocidade.

«Para nosas novas xeracións, Erasmus+ converteuse nunha porta de acceso a Europa e ao mundo. É un dos logros máis tanxibles da UE, ao unir a persoas de todo o continente, crear un sentimento de pertenza e solidariedade, aumentar as  cualificacións e mellorar as perspectivas dos participantes». 

Mariya Gabriel, comisaria de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Mocidade.


En 2018 preto do 10% dos estudantes, persoas en prácticas e persoal de ensino superior tiveron a oportunidade de viaxar a países socios de todo o mundo ou foron recibidos desde estes estados. O programa apoiou especialmente o deporte, coa promoción de 199 proxectos neste ámbito, 118 dos cales foron desenvoltos por organizacións deportivas de base. Especialmente transcendente foi a Semana Europea do Deporte, un éxito rotundo que contou con máis de 50.000 actos por toda UE.

Ese mesmo ano, Erasmus+ tomou a determinación de facer realidade, antes de 2025, o Espazo Europeo de  Educación. Iniciativas como “Universidades Europeas” serviu de apoio aos centros de ensino superior a crear unha rede de alianzas sen precedentes ao longo de todo o territorio europeos

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante