Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/01/2020

O Parlamento Europeo abre o prazo de inscrición para o Evento Europeo da Xuventude 2020

O Parlamento Europeo acaba de abrir o prazo de inscrición no European Youth Event 2020. Fonte:© European Union 2020 (EP).jpg
  • Este encontro europeo celebrarase entre o 29 e o 30 de maio en Estrasburgo, onde está a outra sede do Parlamento Europeo xunto á de Bruxelas.
  • Todos os mozos europeos de entre 16 e 30 anos que reúnan a un grupo de polo menos 10 participantes, e que teñan interese polo futuro da UE, poden encher o formulario de inscrición na páxina web do evento.
  • O prazo límite para inscribirse é o próximo 29 de febreiro.
Bruxelas, 10 de xaneiro de 2020. O Parlamento Europeo acaba de anunciar a edición para este 2020 do Evento Europeo da Xuventude (European Youth Event - EYE, na súa voz inglesa), un evento que terá lugar en Estrasburgo os días 29 e 30 de maio e que a Eurocámara espera que axude a configurar o futuro de Europa ao recoller as opinións dos mozos europeos.

Cada dous anos, miles de mozos europeos reúnense na cidade francesa de Estrasburgo para acudir ao Evento Europeo da Xuventude, cita na que comparten as súas ideas sobre o futuro de Europa. O coñecido como EYE ofrece aos mozos a oportunidade de ter unha voz propia na democracia europea. Espérase que este ano participen uns 9.000 europeos de entre 16 e 30 anos, para discutir diferentes proxectos, compartir as súas opinións sobre o futuro de Europa e logo debatelas cos eurodeputados e outros responsables europeos.

Este ano celébrase a cuarta edición deste popular evento europeo baixo a liña temática de "o futuro é agora", e o programa oficial inclúe puntos clave da axenda europea sobre o medio ambiente, a migración e o Brexit, así como a educación, a tecnoloxía e a saúde. O programa do EYE 2020 tamén incluirá novos formatos como actividades deportivas e un evento especial para novos xornalistas.

As ideas que se expoñan durante o evento hanse recoller nun informe e se compartirán cos eurodeputados. As mellores ideas se discutirán coas comisións parlamentarias no outono.

Como participar?
Todos os mozos europeos de entre 16 e 30 anos que reúnan a un grupo de polo menos 10 participantes, e teñan interese polo futuro da UE, poden encher o formulario de inscrición oficial que se atopa na páxina web do evento. A participación é gratuíta, pero o transporte, aloxamento e comidas corren a cargo dos interesados. O prazo de inscrición finaliza o próximo 29 de febreiro.

Concurso fotográfico en Instagram
Cinco persoas máis poderán viaxar como convidados ao EYE 2020 se a súa foto gaña o concurso posto en marcha pola organización do evento en Instagram, sendo a máis popular entre os seguidores. Para que o departamento de Social Media do Parlamento poida ver e valorar a imaxe é imprescindible que os participantes etiqueten as contas na rede tanto do Parlamento Europeo (@europeanparliament) como a do propio evento (@ep_ eye), agregando o hashtag #EYE2020 e o lema "o futuro é agora". As fotos deben reflectir que é o máis importante para o futuro de Europa, en opinión do autor, e en que debería centrarse a UE a partir de agora.

Elixiranse catro gañadores aos que se sumará o autor da foto que obteña máis "likes" nos regrams semanais na conta do Parlamento Europeo. Este concurso desenvolverase entre o 10 de xaneiro e o 2 de marzo de 2020.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante