Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/10/2021

A xuventude dáse cita no diálogo virtual da Fundación Galicia Europa sobre mobilidade laboral

5437F_1634821097_sigmund-eTgMFFzroGc-unsplash.jpg
  • A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, animou ás mozas e mozos a aproveitar este diálogo para resolver todas as dúbidas relacionadas coas oportunidades e mobilidade laboral na Unión Europea
  • As persoas participantes puideron afondar nos requisitos da busca de traballo na Unión Europea da man de Covadonga López, de EURES A Coruña
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021. A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou hoxe a nova edición de “Diálogos Con”, o ciclo de encontros virtuais da FGE dirixidos á xuventude. Nesta ocasión, o tema a abordar era a mobilidade laboral dentro da Unión Europea. 

Durante a súa intervención, Ana Ramos animou ás mozas e mozos a aproveitar este diálogo para resolver todas as dúbidas relacionadas coas oportunidades e mobilidade laboral na Unión Europea, explicando a importancia do desfrute de experiencias internacionais á hora de desenvolver e adquirir novas competencias profesionais.  

Ao longo da sesión, as persoas participantes puideron afondar nos requisitos da busca de traballo na Unión Europea da man de Covadonga López, de EURES A Coruña, entidade encargada de promover a mobilidade laboral na UE. Após de expoñer os servizos ofrecidos pola organización, a relatora fixo fincapé na funcionalidade da páxina web de EURES así como as axudas á mobilidade que ofrece a súa rede. 

«Diálogos con» é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia.

A Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. 

Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

EURES

Eures, rede de cooperación europea de servizos de emprego, está deseñada para facilitar a libre circulación das persoas que traballan e garantir a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns europeos que queren vivir e traballar noutro país europeo. EURES proporciona ampla información actualizada para que quen decida exercer o seu dereito á libre circulación poida facelo nas mellores condicións malia as barreiras lingüísticas, as diferencias culturais, as dificultades burocráticas, las diferentes leis en materia de emprego e a falta de recoñecemento dos certificados de estudos nos distintos países de Europa. EURES difunde as ofertas de emprego dos 30 países que forman o espazo europeo de libre circulación para que poidan ser vistas e respondidas por quen reúna o perfil buscado e estea interesado na oportunidade que ofrecen.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante