Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/10/2021

Aberto o prazo de inscrición para participar no Diálogo con EURES sobre ofertas de emprego para a mocidade, emprendedores e empresas

5427F_1633621937_Xuventude_1.jpg
  • O encontro virtual ”Diálogos con” terá lugar o día 19 de outubro ás 11:00 horas
  • Durante o evento, que tamén estará enmarcado na Conferencia sobre o Futuro de Europa, os asistentes poderán resolver dúbidas e realizar propostas de mellora ao emprego xuvenil

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021. A Fundación Galicia Europa (FGE) abre o prazo de inscrición para participar na nova edición de «Diálogos Con», os encontros virtuais da Fundación destinados á mocidade galega. 

Durante o evento, enmarcado na Conferencia sobre o futuro de Europa, os asistentes poderán resolver dúbidas e realizar propostas de mellora ao emprego xuvenil. Para isto, contarase coa participación de Covadonga López López, en representación de EURES A Coruña, entidade encargada promover a mobilidade laboral na Unión Europea.

”Diálogos con” terá lugar o día 19 de outubro ás 11:00 horas. Accede ao programa e á páxina de inscrición a través da seguinte ligazón. A inscrición a estas xornadas ten un aforo limitado. 

Como novidade, nesta nova edición organizarase un coloquio entre os asistentes, que poderán facer chegar as súas suxestións a través do formulario de rexistro ou ben durante o propio evento, unha vez a persoa moderadora lles ceda a palabra. A finalidade é a de contribuír aos obxectivos da Conferencia sobre o futuro de Europa, no eixo temático do emprego xuvenil. 


EuroXuventude e ”Diálogos con”

”Diálogos con” é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia.

A Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. 

Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

EURES

Eures, rede de cooperación europea de servizos de emprego, está deseñada para facilitar a libre circulación das persoas que traballan e garantir a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns europeos que queren vivir e traballar noutro país europeo. EURES proporciona ampla información actualizada para que quen decida exercer o seu dereito á libre circulación poida facelo nas mellores condicións malia as barreiras lingüísticas, as diferencias culturais, as dificultades burocráticas, las diferentes leis en materia de emprego e a falta de recoñecemento dos certificados de estudos nos distintos países de Europa. EURES difunde as ofertas de emprego dos 30 países que forman o espazo europeo de libre circulación para que poidan ser vistas e respondidas por quen reúna o perfil buscado e estea interesado na oportunidade que ofrecen.



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante