Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/08/2021

Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Secretaría Xeral do Consello

5396F_1630415210_guillaume-perigois-HL4LEIyGEYU-unsplash.jpg
  • O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 28 de setembro ás 12:00 horas, para comezar no mes de febreiro.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021. Está aberto o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello, que ten por obxectivo que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea. 

Entre as funcións a realizar, a persoa seleccionada participará nas reunións dos órganos preparatorios do Consello e do COREPER (Comité de Representantes Permanentes dos Estados membros da UE), investigará sobre proxectos concretos, traducirá documentos, preparará reunións, redactará actas con información relevante, etc.

Quen pode inscribirse? Todas aquelas persoas con nacionalidade dalgún países membro da Unión Europea, con titulación universitaria (en eidos como Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais ou Economía, aínda que tamén se procuran outras titulacións) e cun nivel mínimo de C1 en inglés e/ou francés. Ademais, as persoas solicitantes non poderán ter desfrutado de calquera tipo de prácticas (remuneradas ou non) ou emprego durante máis de seis semanas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 28 de setembro ás 12:00 horas, para comezar no mes de febreiro (2022).

Accede a través da seguinte ligazón á oferta.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante