Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/08/2021

Aberto o prazo para solicitar as prácticas na Comisión Europea

5393F_1627896654_ernesto-velazquez-0Uyvgcnl83g-unsplash.jpg
  • A data límite para inscribirse é o 31 de agosto.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2021. O programa de prácticas da Comisión Europea, coñecido como Blue Book, ofrece ás persoas bolseiras a oportunidade de adquirir experiencia sobre os métodos de traballo da institución e outros organismos europeos, así como de poñer en práctica todos os seus coñecementos (teórico-prácticos) nos seus respectivos eidos profesionais, nun entorno de traballo internacional e multicultural. 

Estas prácticas son remuneradas e teñen una duración de cinco meses, sendo o destino das mesmas principalmente Bruxelas.

Para poder participar neste programa, é preciso que a persoa candidata cumpra os seguintes requisitos:
  • Dispoñer dunha titulación universitaria.
  • Ter un bo coñecemento en polo menos dous dos idiomas oficiais da Unión Europea, sendo una delas a lingua de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán). 
  • Non ter sido beneficiario/a, por un período de máis de seis semanas, de calquera tipo de prácticas nunha institución ou órgano europeo.
  • Poderanse outorgar puntos adicionais por ter un perfil internacional (demostrado a través de experiencias como o voluntariado europeo ou ter estudiado no estranxeiro a través de programas como Erasmus+), pola calidade da carta de motivación redactada ou por ter escrito papers ou calquera outro tipo de publicación.
Nas Disposicións relativas ao programa oficial de prácticas da Comisión Europea poderás consultar toda a información relativa aos aspectos técnicos, requisitos e proceso da solicitude.

Accede ao procedemento a través da páxina web da Comisión.

A data límite para inscribirse é o 31 de agosto.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante