Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/07/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

5381F_1625749905_e-learning-class-and-e-book-digital-technology-in-education-concept-with-pc-computer.jpg
  • Os prazos de inscrición finalizan este mes de xullo.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021. Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en organismos da Unión Europea, cuxo prazo de inscrición finaliza este mes de xullo.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

As convocatorias en diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil!

CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN
  • Os prazos de solicitude finalizan o 12, 13, 14 e 23 de xullo
Actualmente, o CCI ten abertas varias convocatorias de prácticas para diferentes perfís. A continuación detállanse as titulacións requiridas para cada posición cuxo prazo finalice neste mes de xullo:
  • Unha bolsa na dirección de Seguridade Nuclear, dirixida a persoas tituladas en física, enxeñaría nuclear, química ou afíns, ademais de dispoñer dun bo nivel de inglés (B2). O prazo finaliza o día 12. 
  • Unha bolsa no laboratorio European Solar Test Installation, dirixida a persoas con titulación en física, enxeñaría eléctrica e ramas afíns, ademais de dispoñer dun bo nivel de inglés (B2). O prazo finaliza o día 13.
  • Unha bolsa na unidade de Aire e Clima, para a que buscan a persoas tituladas en ciencias ambientais, física, enxeñaría ou ramas afíns, ademais dun bo nivel de inglés (B2). O prazo finaliza o día 14.
  • Unha bolsa na unidade de Economía e Finanzas, dirixida a titulados/as en Economía, Finanzas ou áreas afíns, e que teñan experiencia en econometría, no manexo e análise de datos e de programas como STATA, python ou R. O prazo finaliza o día 23.
Consulta as ofertas na seguinte ligazón.

AXENCIA EUROPEA DE SEGURIDADE AÉREA
  • O prazo finaliza o 19 de xullo.
A Axencia Europea de Seguridade Aérea ten aberta unha convocatoria para un programa de formación sen perfil académico específico. Durante o proceso de selección consultarán coas persoas candidatas os seus intereses e preferencias para poder adecuar e adaptar a súa experiencia na entidade. 
Esta axencia é a encargada de garantir a seguridade e protección do medio ambiente no sector da aviación civil a través da elaboración de normas técnicas, da supervisión da seguridade e prestación de apoio aos países da UE...
Existen unicamente dous requisitos esenciais:
  • Ter obtido a titulación entre 2018 e o 31 de xullo de 2021. Aceptaranse as seguintes:
    • Enxeñaría: aeronáutica, aeroespacial, química, mecánica, electrónica, de sistemas, de transporte, de tráfico aéreo ou equivalentes.
    • Saúde: ciencias biomédicas, epidemioloxía, saúde pública e global, hixiene ambiental ou equivalentes.
    • Ciencias da computación: software, intelixencia artificial, sistemas e redes, human-machine interaction ou equivalentes.
    • Outras ciencias: bioquímica, ciencia biomolecular, biotecnoloxía, nanotecnoloxía, química, ciencias materiais, ciberseguridade, robótica, matemáticas, estatística, física, bioloxía ou equivalentes. 
    • Negocios, finanzas e ciencias xurídicas: xestión de aeroportos, lei de aviación, lei de ciberseguridade, xestión financeira ou equivalentes.
  • Bo coñecemento do inglés.
Na páxina web da Axencia poderás atopar toda a información referida a esta oferta.

AUTORIDADE EUROPEA DE VALORES E MERCADOS
  • O prazo remata 31 de xullo.
A AEVM ten abertas tres convocatorias remuneradas, dirixidas a perfís diferentes:
  • Unha para o seu departamento legal, responsable de ofrecer apoio ao resto de departamentos en materia xurídica. Así, a bolsa diríxese a persoas con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés, ademais doutros méritos que poderán ser tidos en conta como o grao en dereito ou especialización en financiamento comunitario. 
  • Unha bolsa para o ámbito de mercados financeiros, buscando perfís con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés. Tamén se terán en conta outros méritos, aínda que non son obrigatorios, como unha titulación vinculada ao eido económico, coñecemento sobre mercados financeiros e o emprego de aplicacións de manexo de datos. 
  • Unha bolsa de carácter transversal en distintos departamentos, como o de asuntos corporativos ou o de recursos humanos. Polo seu carácter multidisciplinar, os requisitos varían dependendo do posto que se solicite, mais todas as persoas solicitantes deberán ter titulación universitaria e un nivel B2 de inglés.
O procedemento será a través da plataforma e-Recruitment.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante