Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/06/2021

Aberto o prazo de inscrición para as bolsas Schuman do Parlamento Europeo

5350F_1623232527_parlamento_europeo_pixabay.jpg
  • O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 30 de xuño.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021. O Parlamento Europeo abre o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional. O obxectivo destas bolsas é contribuír á educación e formación da cidadanía europea e provela dunha visión máis profunda sobre o traballo do Parlamento Europeo. 

Os requisitos para poder inscribirse nestas prácticas son os seguintes: 
  • Ser maior de 18 anos. 
  • Ter coñecemento profundo de dúas linguas oficiais da Unión Europea. 
  • Ter titulación universitaria.
  • Non ter desfrutado dunha bolsa en institucións europeas por máis de dous meses consecutivos.
  • Non ter realizado unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo das prácticas. 
As bolsas Schuman son remuneradas e poden levarse a cabo nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo, como Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo, ou nas oficinas de enlace nos Estados membros.  

Consulta toda a información sobre o procedemento de inscrición, que finaliza o vindeiro 30 de xuño, na páxina web oficial do Parlamento Europeo. O período de realización das prácticas será de outubro de 2021 a febreiro de 2022. 

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante