Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2021

Participa no Primeiro Ciclo de Encontros e Networking nos campus universitarios galegos

5329F_1620994624_people-wearing-mask-during-workshop-in-the-new-normal.jpg
  • O programa enmárcase no proxecto LIDERA, do que a Fundación Galicia Europa é socio. 
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021. A semana pasada, a Consellería de Política Social lanzaba o programa #PrimaveraXove, co obxectivo de ofrecer un completo paquete de actividades de ocio educativo e responsable á mocidade galega. 

A segunda das tres grandes liñas do programa, enmarcada no proxecto LIDERA, é un conxunto de encontros para mozas e mozos no entorno dos campos universitarios, de maneira presencial, que se celebrarán todos os mércores pola tarde, a partires do día 12 de maio, nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela (a partir do 19 de maio), Ourense e Vigo. 

O formato será similar en todos os casos, sendo unha charla motivadora realizada por persoas expertas na materia, e seguida dun obradoiro práctico para favorecer o intercambio de experiencias e o networking

As actividades están dirixidas principalmente a mozos e mozas universitarios, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, entre 18 e 30 anos. Por motivos de seguridade, terán un aforo reducido de ata 20 persoas mozas, sendo posible apuntarse a tantas xornadas como se queira. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. Rexístrate na seguinte ligazón

Consulta os programas no documento que achegamos xunto con esta nova.

O programa enmárcase no proxecto LIDERA, do que a Fundación Galicia Europa é socio. 

Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante