Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/04/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea e organismos internacionais

5321F_1619814245_estudantes.jpg
  • Os prazos finalizan durante o mes de maio.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021. Desde a Fundación Galicia Europa achegamos as ofertas de bolsas de prácticas na Unión Europea e outros organismos internacionais, dirixidas a persoas con titulación universitaria e cun bo dominio do inglés. Búscanse perfís no eido do dereito, a comunicación e a economía, entre outros.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

As convocatorias en diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil!

CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN
  • As datas límite son o 6, 10 e 11 de maio.
O Centro Común de Investigación oferta tres bolsas para diferentes proxectos e titulacións:
  • Dúas bolsas na Dirección de Estratexia, Programa de Traballo e Recursos: unha para titulados/as en Comunicación ou Relacións Públicas que teñan un nivel B2 de inglés, para ofrecer apoio na organización de reunións e eventos, participar nos seminarios e obradoiros realizados e xestionar a páxina da rede de alumni (a data límite é o 6 de maio); e outra para o desenvolvemento de material visual e de comunicación no marco do programa SciArt, dirixida a persoas con titulación en Comunicación, Xornalismo, Historia da Arte e disciplinas afíns e cun nivel B2 de inglés (a data límite é o 10 de maio).
  • Unha bolsa na Dirección de Xestión do Coñecemento para titulados/as en Arte ou Cine, coñecementos de edición gráfica e nivel B2 de inglés. A persoa seleccionada contribuirá na realización de vídeos sobre as actividades, infografías e material gráfico, edición de vídeos elaborados por outras unidades, etc. A data límite é o 11 de maio.
Consulta as ofertas na seguinte ligazón

BANCO CENTRAL EUROPEO
  • As datas límites son o 7 e o 17 de maio.
O Banco Central Europeo ten abertas dúas convocatorias de prácticas para diferentes perfís e direccións:
  • Unha na Dirección Xeral de Economía, dirixida a titulados/as en Economías ou eidos relacionados, con experiencia en análise e datos económicos e nivel C1 de inglés. As principais funcións da persoa seleccionada serán a de colaborar na recollida de datos, realizar análises cuantitativos sobre políticas económicas, etc. A data límite é o 7 de maio. Consulta a información na oferta.
  • Unha na Dirección Xeral de Gobernanza e Operacións para titulados/as en Economía, Matemáticas, Estatística, Administración de Empresas, Dereito e incluso disciplinas como Intelixencia Artificial, Xestión de Coñecemento, etc. Ademais, precisarase ter interese nos asuntos europeos, coñecer as áreas financeiras e de regulación da UE e un nivel C1 de inglés. As principais funcións serán apoiar na elaboración de informes económicos, contribuír nas iniciativas da Dirección (como talleres) e axudar nas investigacións sobre regulación financeira. A data límite é o 17 de maio. Consulta na seguinte ligazón a convocatoria. 

CENTRO EUROPEO PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN PROFESIONAL
  • A data límite é o 21 de maio.
O CEDEFOP (polas súas siglas en inglés) é una axencia da UE que ten por obxectivo apoiar o desenvolvemento da formación profesional e as políticas de formación comunitarias. Na actualidade, oferta unha bolsa de prácticas no ámbito da Protección de datos, dirixida a:
  • Cidadáns dos Estados membros da Unión Europea ou países candidatos.
  • Ter unha titulación universitaria. Valoraranse a maiores as titulacións superiores, como Máster e Doutoramento.
  • Ter coñecemento en dúas das linguas oficiais da Unión Europea, tendo que ser unha delas o inglés. 
Consulta toda a información así como o procedemento de solicitude (que é online) na seguinte ligazón

AXENCIA EUROPEA DO MEDICAMENTO
  • A data límite é o 31 de maio.
A Axencia oferta máis de dez bolsas en Amsterdam para diferentes departamentos, como Comunicación, Recursos Humanos, Análise de Datos, Documentación, Asuntos Internacionais... 
Os requisitos xerais para optar a estas oportunidades son:
  • Ser nacional dun Estado membro.
  • Ter unha titulación universitaria (e ter obtido o título nos doce meses anteriores á solicitude) ou doutoramento.
  • Ter coñecemento en inglés (C1) e un bo coñecemento nunha segunda lingua oficial da UE (B2).
Infórmate sobre as bolsas disponibles na páxina web.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante