Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/04/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

5307F_1618220872_close-up-male-hands-typing-laptop-keyboard.jpg
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021. Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en organismos da Unión Europea, cuxo prazo de inscrición finaliza este mes de abril. 

AXENCIA EUROPEA DE SUBSTANCIAS E MESTURAS QUÍMICAS
  • A data límite é o 19 de abril.
A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas é a axencia europea encargada da implantación da lexislación en materia de substancias químicas en Europa. Cada ano, oferta bolsas de prácticas remuneradas destinadas principalmente a graduados/as universitarios/as, cunha duración de entre 3 e 6 meses. Ofrece bolsas para unha gran variedade de perfís e áreas de coñecemento: desde o campo científico (química, toxicoloxía, bioloxía, ciencias medioambientais e tecnoloxías) até outros eidos como dereito, comunicación, finanza, recursos humanos e TICs. Actualmente hai máis de dez bolsas abertas.

Os requisitos para poder acceder a estas bolsas son:
  • Ser nacional dun dos Estados membro da UE ou do Espazo Económico Europeo.
  • Ter un título universitario.
  • Ter bo coñecemento en inglés, xa que é a lingua de traballo da Axencia.
  • As persoas candidatas non poderán ter desfrutado durante máis de oito semanas doutra bolsa ou contrato laboral nunha institución ou organismo europeo.

Na páxina web da axencia podes atopar máis información.

AUTORIDADE EUROPEA DE VALORES E MERCADOS
  • A data límite é o 30 de abril.
A AEVM ten abertas tres convocatorias remuneradas, dirixidas a perfís diferentes:
  • Unha para o seu departamento legal, responsable de ofrecer apoio ao resto de departamentos en materia xurídica. Así, a bolsa diríxese a persoas con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés, ademais doutros méritos que poderán ser tidos en conta como o grao en dereito ou especialización en financiamento comunitario. A duración será de 6 a 12 meses e realizarase na sede de París. 
  • Unha bolsa para o ámbito de mercados financeiros, buscando perfís con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés. Tamén se terán en conta outros méritos, aínda que non son obrigatorios, como unha titulación vinculada ao eido económico, coñecemento sobre mercados financeiros e o emprego de aplicacións de manexo de datos. A duración será de 6 a 12 meses na sede de París. 
  • Unha bolsa de carácter transversal en distintos departamentos, como o de asuntos corporativos ou o de recursos humanos. Polo seu carácter multidisciplinar, os requisitos varían dependendo do posto que se solicite (consulta aquí as posibilidades abertas), mais todas as persoas solicitantes deberán ter titulación universitaria e un nivel B2 de inglés. A duración será de 6 a 12 meses terá lugar na sede de París.
O procedemento será a través da plataforma e-Recruitment. 

Podes atopar máis información na seguinte  ligazón.

EU-LISA: A AXENCIA DA UNIÓN EUROPEA PARA A XESTIÓN OPERATIVA DE SISTEMAS INFORMÁTICOS DE GRAN MAGNITUDE NO ESPAZO DE LIBERDADE, SEGURIDADE E XUSTIZA
  • A data límite é o 30 de abril
EU-LISA é a axencia encargada de xestionar os sistemas informáticos a grande escala no espazo de liberdade, seguridade e xustiza. Actualmente, oferta unha bolsa para a Unidade de Seguridade e solicita como requisitos:
  • Ser nacional dun Estado membro.
  • Ter unha titulación universitaria.
  • Ter un bo coñecemento en inglés (cun nivel C1).

Poderanse valorar outros méritos adicionais que poderás atopar aquí.


GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante