Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/03/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

5282F_1615548939_view-from-avove-on-hands-of-young-man-and-woman-working-at-laptop-in-co-working-office-FREEPIK.jpg
  • O 23 e 25 de marzo a Fundación Galicia Europa organiza Diálogos Con, unha serie de encontros coa mocidade para falar sobre as diferentes prácticas en institucións e organismos da Unión Europea. Rexístrate na seguinte ligazón
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021. Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en institucións e organismos da Unión Europea, como o Comité das Rexións ou o Comité Económico e Social, cuxo prazo de inscrición finalizan este mes de marzo. Poderás atopar diferentes perfís, desde dereito, ciencias políticas e economía até recursos humanos ou comunicación multimedia.

VALEDOR DO POBO EUROPEO
  • A data límite é o 31 de marzo. 
O Valedor do Pobo Europeo, institución encargada de investigar as reclamacións relativas a unha posible mala xestión por parte de institucións e organismos da UE, oferta até seis bolsas de prácticas remuneradas na súa sede de Bruxelas ou Estrasburgo: cinco bolsas de carácter xurídico e unha en comunicación. Esta oportunidade está dirixida a dous perfís diferentes: a) por un lado, a titulados/as en Dereito, Ciencia Política ou Estudos Europeos (ou similares); b) e, por outro lado, a titulados/as en Comunicación, Xornalismo ou ramas afíns. Aínda que se valorarán méritos adicionais, os requisitos xerais son:
  • Ser nacional dun Estado membro.
  • Non ter desfrutado durante máis de oito semanas ou dous meses –consecutivos– de prácticas ou traballo remunerado en institucións ou organismos europeos.
  • Ter titulación de grao ou máster en Desenvolvemento de Software. 
  • Ter coñecemento profundo nun dos idiomas oficiais da Unión Europea e bo nunha segunda lingua oficial. Non obstante, a lingua de traballo da institución é o inglés, polo que o seu coñecemento é obrigatorio.
A bolsa, cunha duración de doce meses, dará comezo o 1 de setembro.

Consulta máis requisitos, funcións a realizar e procedemento de solicitude (que será en liña) na seguinte ligazón

COMITÉ DAS REXIÓNS
  • A data límite é o 31 de marzo.
O Comité das Rexións é un organismo consultivo da UE composto por representantes a escala local e rexional dos Estados membros, que ten por obxectivo dar voz ás rexións e cidades europeas sobre a lexislación da UE. 
Actualmente, oferta bolsas de prácticas remuneradas durante un período de cinco meses en Bruxelas, onde a persoa solicitante poderá seleccionar até tres departamentos de interese do Comité. 
As persoas que desexen presentarse a esta convocatoria, deberán de reunir os seguintes requisitos:
  • Ser nacional dun Estado membro. 
  • Ter unha titulación universitaria.
  • Ter fluidez en dous dos idiomas oficiais da Unión Europea, tendo que ser un deles o inglés ou francés.
  • As persoas candidatas non poderán ter desfrutado máis de oito semanas consecutivas doutra bolsa ou contrato laboral nunha institución europea.
Consulta toda a información na páxina web do Comité das Rexións.

COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL EUROPEO
  • A data límite é o 31 de marzo.
O Comité Económico e Social Europeo é un órgano consultivo da Unión Europea composto por representantes das organizacións de traballadores/as e empresarios/as, así como doutros grupos de interese, que teñen por obxecto emitir ditames sobre cuestións da UE e actuar como ponte entre as institucións da UE con capacidade decisoria e a cidadanía europea. 
Actualmente, oferta bolsas de prácticas remuneradas por un período de cinco meses, tendo como data prevista de comezo o 16 de setembro. 
Para aplicar, ademais de ter interese polos eidos de actuación do Comité, as persoas candidatas terán que reunir os seguintes requisitos:
  • Ser nacional dun Estado membro.
  • Ter unha titulación universitaria.
  • Ter coñecemento en dúas linguas oficiais da Unión Europea, tendo que ser unha delas o inglés ou o francés.
Podes consultar máis información sobre esta oportunidade na seguinte ligazón.


GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante