Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/02/2021

Aberto o prazo para solicitar as prácticas no Consello

5262F_1613138956_hands-waving-flags-of-the-europeanunion.jpg
  • O prazo de inscrición remata o 15 de marzo.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021. Está aberto o prazo para solicitar as prácticas remuneradas na Secretaría Xeral do Consello, que ten por obxectivo que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea. 

As funcións principais serán a preparación de reunións e actas; a asistencia a reunións dos órganos preparatorios do Consello e do COREPER; a redacción de informes e tamén a investigación sobre proxectos concretos. 

Quen pode inscribirse? Todas aquelas persoas con nacionalidade dalgún países membro da Unión Europea, con titulación universitaria (en eidos como Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais ou Economía, aínda que tamén se procuran outras titulacións) e cun nivel mínimo de C1 en inglés e/ou francés. Ademais, as persoas solicitantes non poderán ter desfrutado de calquera tipo de prácticas (remuneradas ou non) ou emprego durante máis de seis semanas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea.

O prazo finaliza o 15 de marzo, para comezar no mes de setembro (2021) até xaneiro (2022). 

É preciso ter en conta que, por mor da COVID-19, o primeiro período das prácticas podería comezar de maneira online. 

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante