Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/12/2020

Oportunidades de bolsas e prácticas na Unión Europea

5224F_1608040242_discussing-video-course-freepik-min.jpg
  • Aínda están abertos os prazos para institucións como a Autoridade Bancaria Europea ou Euroradio. 
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020. Desde a Fundación Galicia Europa queremos informarvos sobre as oportunidades de bolsas e prácticas na Unión Europea neste último tramo do ano, no que aínda se manteñen abertas convocatorias en institucións como a Autoridade Bancaria Europea ou Euroradio. 

  • Prácticas remuneradas Digital Oportunity Traineeships
Esta iniciativa, integrada no plan Horizonte 2020 e promovida por Erasmus+, busca fomentar a adquisición de experiencia práctica en materia de competencias dixitais entre a mocidade, en diversas temáticas como ciberseguridade, big data, deseño web ou desenvolvemento de software.

Poderán participar estudantes de universidades integradas no marco do programa Erasmus+ e Horizonte 2020, así como mozos e mozas graduadas nun período anterior a doce (12) meses, sempre que certifiquen que aplicaron antes de terse graduado.

A solicitude deberá levarse acabo a través das propias universidades, respectando os prazos e procedementos establecidos polas mesmas.

O prazo de inscrición pecha o 20 de Decembro.

Podes consultar máis información a través da seguinte ligazón.  

  • Prácticas remuneradas Autoridade Bancaria Europea (ABE)
A Autoritaria Bancaria Europea (ABE), institución encargada de manter a estabilidade financeira na EU e de salvagardar a integridade, eficiencia e funcionamento ordenado do sector bancario, oferta bolsas de formación en distintos departamentos na súa sede de París (Francia). As prácticas son remuneradas e teñen unha duración de seis (6) meses, con posibilidade de extensión.

Poderán aplicar todas aquelas persoas con cidadanía nalgún dos Estados Membros, Islandia, Liechtenstein, Noruega e países candidatos á entrar na UE, que completaran os seus estudos universitarios nos últimos cinco (5) anos e posúan un bo coñecemento de inglés, a lingua empregada na ABE.

Os formularios deben ser redactados en inglés e enviados ao enderezo EBA-Traineeship-Applications@eba.europa.eu, indicando o número de referencia da posición solicitada e engadindo o seu apelido e nome no asunto, incluíndo ademais o CV en formato Europass, unha carta de motivación, os anexos correspondentes e copias dos diplomas universitarios declarados no CV.

O prazo de inscrición varía segundo a posición.

Podes consultar toda a información relativa facendo click aquí

  • Prácticas remuneradas na Autoridade Europea de Valores e Mercados (AEVM)
 A Autoridade Europea de Valores e Mercados (AEVM) oferta prácticas remuneradas por un período de entre seis (6) e doce (12) meses na súa sede en París (Francia), en diferentes departamentos: comunicacións, recursos humanos, control de riscos, contabilidade, etc. O traballo a desenvolver inclúe tarefas de investigación, elaboración de informes, recompilación de datos estatísticos, realización de tarefas administrativas e participación en estudos e/ou proxectos cando fora necesario.  

Esta entidade persegue o obxectivo de salvagardar a estabilidade do sistema financeiro da Unión Europea, velando pola protección dos inversores e promovendo mercados estables e organizados.

Poderán aplicar aquelas persoas con nacionalidade dun Estado Membro ou dun país da Espazo Económico Europeo (EEA), que posúan bos coñecementos de inglés e teñan unha titulación universitaria. No caso de non terse graduado aínda, os estudantes deberán contar cunha declaración oficial da súa universidade.

A solicitude realizarase a través da páxina de e-recruitment da AEVM e poderase enviar en calquera momento, sendo revisadas polos membros do AEVM cando haxa posicións dispoñibles.

  • Prácticas remuneradas en Euroradio
Euroradio oferta prácticas remuneradas na súa sede en Nantes (Francia) en dous (2) períodos de cinco (5) meses: de setembro a febreiro e de febreiro a xuño, nos que as persoas seleccionadas realizarán tarefas relativas ao proceso editorial, o funcionamento da radio, desenvolvemento de entrevistas, etc., nun entorno multicultural.

Poderán aplicar estudantes de Xornalismo, Comunicación, Ciencias Políticas ou Estudos Europeos, que teñan interese pola actualidade comunitaria e no funcionamento dos medios de comunicación. Tamén será necesario que posúan un acordo para a realización das prácticas e un bo nivel de francés.

Para que as candidaturas sexan consideradas, deberase enviar unha copia do CV, unha carta de motivación e unha gravación de audio dun artigo proporcionado por Euroradio (en lingua francesa) ao enderezo ecrutement@euradio.fr. A organización tamén realizará entrevistas telefónicas con determinados/as candidatos/as.

Acéptanse aplicacións todo o ano, mais para participar na seguinte convocatoria, que terá lugar do 1 de Febreiro de 2021 ao 2 de Xullo, o prazo remata o 31 de Decembro.

Podes consultar máis información na seguinte ligazón


Consulta máis oportunidades na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais da Fundación Galicia Europa.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante