Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/10/2020

Convocatoria de emprego da Asociación de Cidades Atlánticas

5143F_1602250929_Hiring.jpg
  • A Asociación convoca unha praza de responsable de rede europea para comezar na maior brevidade posible
  • O prazo para presentar a solicitude remata o vindeiro 14 de outubro
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020. A Asociación de Cidades Atlánticas (ACA) encárgase de darlle voz ás cidades atlánticas en Europa, promovendo e defendendo os seus intereses e reforzando a cooperación a través do Arco Atlántico. Para poder alcanzar este obxectivo, abre unha convocatoria de emprego para buscar á/ao próxima/o responsable de rede europea, que terá como funcións a de poñer en marcha a nova estratexia de desenvolvemento da rede, planificar as actividades políticas e desenvolver colaboracións e contacto regular cos membros, a plataforma C4C, responsables políticos da UE e partes interesadas, entre outras funcións a citar.

O contrato, cunha duración de outubro de 2020 a xullo de 2021, prevé o traballo a distancia polo menos até finais do ano actual. 

As solicitudes deberán enviarse a rh@atlanticcities.eu antes do 14 de outubro e anexar o CV (dunha páxina) en francés, unha carta de presentación en español ou portugués e o e-mail terá que estar redactado en inglés.

Consulta na súa páxina web tódolos detalles da oferta en relación aos requisitos, funcións e modo de presentación da candidatura.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante